AMPLIACIÓN E MELLORA DA REDE DE MINIPUNTOS LIMPOS DE PROXIMIDADE NO CONCELLO DA CORUÑA

Info

WHAT will be done

Description:

As liñas de actuación do Concello da Coruña en materia de xestión de residuos domésticos pasan polas seguintes prioridades xerais:
• Potenciar a xestión e recollida na orixe das diversas fraccións dos residuos municipais.
• Minimizar a vertedura final en depósitos controlados, especialmente da fracción biodegradable e materiais recuperables.
• Desenvolver as infraestruturas necesarias para tratar os residuos xerados e para acadar os obxectivos presentes e futuros, baixo criterios de suficiencia e proximidade, viabilidade económica e ambiental.
O Concello da Coruña dispón dende hai anos dun completo sistema de recollida selectiva de residuos, das seguintes fraccións residuais claves:
• Materia orgánica.
• Materia inorgánica.
• Vidro.
• Papel-cartón.
• Pilas.
• Voluminosos, mobles e aveños.
• Aparellos RAEE (electrodomésticos grandes e pequenos).
• Recollida Sandach en mercados municipais.
• Recollida de plástico filme en polígonos comerciais.

AMPLIACIÓN DA REDE DE MINIPUNTOS LIMPOS DE PROXIMIDADE

No que serán seleccionadas 3 localizacións concretas en barrios ou veciñanzas con espazos públicos comúns para a instalación de 3 novas unidades de minipuntos limpos de proximidades, para captación e aportación de residuos perigosos e de difícil reciclaxe; bolígrafos-material de escritura, cartuchos de tinta, pequenos RAEES (residuos de aparatos eléctricos e electrónicos), pequenas baterías e acumuladores, cápsulas de cafés e lámpadas…

A maioría destes residuos son tecnicamente reciclables, pero requiren dun tratamento máis complexo e de maior custo, polo que non resulta rendible separalos para as administracións locais e adoitan acabar en vertedoiros.  Con esta iniciativa, tentase dar unha saída axeitada a cada residuo, levándoo o xestor de reciclaxe correspondente.

Estas 3 novas localización veñen a ampliar e mellorar a actual rede de minipuntos limpos de proximidades que esta formada por 4 puntos dende o ano 2022, con un gran éxito de captación e participación por parte dos veciños, localizados e operativos en:

  • Campo de Marte (Barrio de Monte Alto).
  • Rúa Barcelona, 27 (Barrio da Agra do Orzán).
  • Rúa Manuel Azaña, 41 (Barrio dos Rosais).
  • Av de NovoMesoiro, 32 (Barrio dos NovoMesoiro).

As 3 localizacións preseleccionadas para ampliación da rede:

  • Barrio de Palavea
  • Barrio de Oza-Gaiteira-Os Catros
  • Barrio dos Mallos

Os Puntos Limpos, tamén denominados Ecocentros, Ecoparques ou Puntos Verdes, entre outros termos, son centros de achega e almacenamento selectivos, principalmente de residuos de competencia municipal que non son obxecto de recollida domiciliaria. Teñen como propósito facilitar á cidadanía a xestión correcta das fraccións non ordinarias. Estas instalacións están destinadas principalmente ao uso de particulares, pequenos comercios, e mesmo pequenas industrias e servizos municipais, de acordo coas prescricións das correspondentes ordenanzas municipais.

Os minipuntos limpos de proximidade (ou Puntos Limpos de barrio) son instalacións fixas de menor tamaño situadas no centro urbano e repartidas por barrios e outras zonas do municipio. Ofrecen un servizo de recollida máis próximo ao cidadán, aínda que non se poden achegar os mesmos residuos e volumes que nun punto limpo fixo. Son moi útiles para fomentar a recollida separada de pequenas cantidades de residuos perigosos, fluorescentes, pinturas, etc.

Este tipo de instalacións implantáronse no espazo urbano, complementando o servizo do punto limpo fixo e móbil.

A actual rede e futura ampliación, esta formada por unidades do equipo seleccionado conta cas seguintes características técnicas:

Os minipuntos limpos de proximidade son colectores de residuos de pequeno formato, previstos para a súa instalación na vía pública. Dispondo de sete espazos independentes de introdución e almacenaxe de residuos, permitindo a recollida dunha a sete fraccións diferenciadas, aportando ademais dous paneis informativos municipais.

Location

WHERE it will take place

Country:

Spain - other regions

Address:

A CORUÑA
C/Manuel Murguía
s/n
15011 A Coruña

Action Developer

WHO will run the show

Entity:

CONCELLO DA CORUÑA
# Administration/Public Authority

How can you get in contact:

https://www.coruna.gal/

Víctor José Parada Vázquez
Servicio de Medio Ambiente
Concello da Coruña.
Edificio Casa del Agua 5º planta.
C/Manuel Murguía s/n
15011 A Coruña
Tel.: 981184200 Ext.M: 88558
Email: v.parada@coruna.gal

• WHEN

will it happen?

Dates of the proposed action:

20/11/24, 21/11/24, 22/11/24, 23/11/24, 24/11/24

• WHY

join hands and minds to prevent waste?

Check out other actions that will cover these themes:

Reuse and preparing for reuseWaste sorting and recycling

Help the world,
share this action!

Related actions